logo paquebote
52 libros encontrados buscando autor: Xavier Alcal

www.paquebote.com > Xavier Alcal

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788482886794

Fumes de papel

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica
Precio: 14,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella vila. Nesta novela Xavier Alcalá conta o que puido ter acontecido en calquera vila galega durante os anos do "desarrollismo" e o que pode acontecer na nosa incansable historia de eucaliptos, celulosa e papel.


ISBN:

9788482886282

Cárcere verde

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 276
Formato: Rústica
Precio: 17,75
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha novela sobre a cobiza dos homes que se deixan deslumbrar polo fulgor dos diamantes e que se acaban transformando nuns seres alucinados, sen conciencia da súa dignidade humana, encarcerados nun auténtico labirinto vexetal.


ISBN:

84-8302-945-6

Narradio. 56 historias no ar

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,60
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

"Narradio. 56 Historias no ar" é a antoloxía sonora máis extensa da narrativa galega, un amplísimo libro de relatos e todo un documento sobre a diversidade da literatura galega e a súa variedade de rexistros. Este libro con catro CDs é posible gracias ao continuado diálogo do programa "Diario Cultural" da Radio Galega coas creadoras e creadores literarios do país e os seus lectores e busca estreitar lazos entre a sociedade e os seus autores e autoras, entre a palabra oral e a escrita, e entre a radio e a literatura.Participan no volume cos seus textos e as súas voces os seguintes narradores e narradoras. Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Anxo Angueira, Vicente Araguas, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Marica Campo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Laura Caveiro, Alfredo Conde, Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Isabel Freire, Víctor F. Freixanes, Salvador García-Bodaño, Bieito Iglesias, Xavier Lama, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, Paco Martín, Carlos Mella, Xosé Miranda, Estro Montaña, Gonzalo Navaza, Xosé Neira Vilas, Isidro Novo, David Otero, Carmen Panero, Xosé Ramón Pena, Xosé Antonio Perozo, María Xosé Porteiro, Xabier P. Docampo, Xavier Queipo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade Paredes, Luís Rei Núñez, Antonio Reigosa, Antón Riveiro Coello, Gloria Sánchez García, Manuel Seixas, Xurxo Souto, Anxo Tarrío, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor, Luísa Villalta e Helena Villar. "Narradio. 56 Historias no ar" nace dun proxecto do programa "Diario Cultural" da Radio Galega, que Xerais asume como propio, e quere ser tamén expresión do compromiso da radio coa literatura, unha ponte que se afianza para ser vehículo de expresión da creatividade e da cultura galega nunha publicación realmente singular.


ISBN:

8497820819

A illa do tesouro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: Cartonado 14,50 x 22 cm.
Precio: 15,80
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ó mar tralo engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Long John Silver e o resto dos tripulantes da Española significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben, a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral do ser humano, A illa do tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.


ISBN:

9788426351517

INDY AIR -N-

Editorial: Edelvives   Fecha de publicación:   
Precio: 9,90
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.


ISBN:

847507667X

CONTOS DAS AMERICAS

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Precio: 11,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.



ISBN:

9788482881881

Alén da desventura

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 336
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Premio de Novela Blanco Amor 1998. O libro que gañou o Premio Blanco Amor de 1998 presenta intrigas e aventuras na época da Ilustración, persoas e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais, debates aínda hoxe non resoltos. Sen dúbida, unha gran novela e unha peza máis na recuperación da memoria colectiva. Alén da desventura está o pracer da lectura dun libro especial.


ISBN:

84-489-1192-X

El soldat que parlava amb els cruecs

Editorial: Barcanova   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: Rústica
Precio: 10,80
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

En Pole té uns amics molt especials anomenats cruecs, «uns homenets diminuts que s'amaguen als racons insòlits de les habitacions». Tanmateix els necessita, perquè els seus ulls de nen veuen passar la guerra per davant de la finestra. I no solament això, sinó que amb els seus amics és obligat a formar part de l'exèrcit en la divisió anomenada Brigada dels Macarrons. A partir del moment en què han de viure a la caserna, la vida d'en Pole i els seus companys esdevé un infern del qual no els poden salvar ni els records ni les fugides a la imaginació.


ISBN:

9788482882390

La Habana Flash

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 228
Formato: Rústica
Precio: 19,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Con La Habana Flash publícase o segundo título da nova colección Continental da Editorial Galaxia, dedicada a textos literarios entre investigación, relato de viaxe e crónica. La Habana Flash é un relato subxectivo pero desapaixonado, escrito en boa parte a través dos ollos e as narracións de moitos dos galegos que aínda hoxe quedan na illa. Eles son en gran parte os protagonistas auténticos desta vigorosa e engaiolante reportaxe sobre un país que vive tempos complexos e contradictorios.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal